Concello de Alfoz
Estimados veciños:

        Quero darvos as grazas por confiar en min a máxima responsabilidade de dirixir este concello durante estes próximos catro anos. Tamén vos pido responsabilidade e colaboración para levar adiante tódolos proxectos que  necesitamos para o benestar e desenrolo dos veciños/as de Alfoz, pola miña parte dedicarei os máximos esforzos para poder conseguilo, si é entre todos é máis fácil .
     Tamén  desde aquí quero mandar un saúdo a tódolos   emigrantes, fillos e netos que por moitos motivos tiveron que deixar o noso concello,  espero que nunca esquezan a súas raíces, que sempre os recibiremos cos brazos abertos cando queiran volver ou necesiten calquera información do seu interese.
     A todos os que visitan a páxina web deste concello animarvos a que desfrutedes algún día da nosa paisaxe, gastronomía, produtos agrarios, patrimonio, clima , da nosa situación entre o mar e a montaña, dos parques , a piscina e outros servizos municipais. Espero que si visitades Alfoz vos queden ganas de volver ou de quedarvos, como xa fixeron moitos dos que nos visitaron, porque Alfoz namora.

     Un saúdo.
                               
                                 Jorge  Val Díaz

 
Escudo concello de Alfoz
Tlf.: 982558001 Móbil: 666372430
Email: alcaldia@concellodealfoz.com​

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO