Concello de Alfoz
ALFOZ, fortaleza entre a serra e o mar

ALFOZ, fortaleza entre a serra e o mar

A situación do municipio entre a serra e o mar, no interior da Mariña Lucense, dalle un marco incomparable de paixases e beleza natural.

O emblema do Concello é o Castelo Castrodouro, declarado Ben de Interese Cultural, pero o valor patrimonial de Alfoz vai moito máis alá coas numerosas Igrexas, Pazos e Cruceiros repartidos ao longo das nove parroquias e os monumentos megalíticos como a Pena Abaladoira e os restos da cultura castrexa do mirador da Frouxeira. 

Os espazos naturais resultan de gran importancia destacando a Fervenza do Escouridal e o entorno do Río Ouro.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO