Concello de Alfoz
OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS NA INFANCIA

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS NA INFANCIA

14/Xuño/2016
O vindeiro venres 17 de xuño, celebrarase no Salón de Actos do Centro Sociocultural un Obradoiro de primeiros auxilios na infancia, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Está dirixido para pais e familiares, coidadores e cidadanía en xeral e será impartido por José Ángel Fernández de la Iglesia e Jaime Rodríguez Mosquera, DUES da Base de Foz e FPUS 061 Galicia. 

Obxectivos da sesión:
- Adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos.
- Aclarar dúbidas referentes aos primeiros auxilios.

Programación:
- Como chamar ao 061? Programa de alerta escolar 061.
- Convulsións, crises epilépticas.
- Diabetes: hipoglucemia.
- Reaccións alérxicas.
- Reanimación cardiopulmonar básica: atrangantamento, recoñecemento dunha PCR.


Información e inscripcións no departamento de Servizos Sociais do Concello de Alfoz ou no teléfono 982558001.
Ao remate do mesmo entregarase un certificado de asistencia.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO