Concello de Alfoz
SARGADELOS RECREARÁ A TORRE DE PARDO DE CELA

SARGADELOS RECREARÁ A TORRE DE PARDO DE CELA

18/Xuño/2016

O Concello de Alfoz ven de encargar a Sargadelos a elaboración dunha peza en porcelana que recrea a Torre do Castelo de Castro de Ouro, tamén coñecida como Torre Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela, verdadeiro emblema do Concello de Alfoz.

A peza, deseño do artista alfocense Xosé Blanco, fabricarase en exclusiva para o concello e será o principal elemento dunha colección de diferentes artículos que se elaborarán para a promoción de Alfoz.

A idea xurdiu a finais do ano pasado cando, Alberto Moreda, Directivo de Sargadelos, e Xabier Pardiñas, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz, se reuniron coa idea de realizar unha exposición de cerámica nas dependencias do Castelo de Castro de Ouro. Este proxecto inicial farase realidade neste verán coa presentación da peza e a inauguración dunha exposición didáctica na se te amose o proceso de fabricación da cerámica de Sargadelos.

Xabier Pardiñas, que visitou estes días a fábrica de Sargadelos para ver a evolución dos traballos de elaboración da peza, indicou que “esta creación so ten sentido realizala con Sargadelos”, pois “trátase dunha peza que une o prestixio de Sargadelos co da emblemática Torre do Castelo de Castro de Ouro”. Tamén indicou que o concello levará ao próximo pleno unha ordenanza que regulará o prezo público de venta dos produtos que se venderán no castelo, apuntando que a figura da torre se venderá en exclusiva nestas instalacións aínda que se expoñerá en diferentes galerías de Sargadelos, coa idea de atraer visitantes.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO