Concello de Alfoz
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "48 MOMENTOS", DE MARTÍNEZ COELLO

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "48 MOMENTOS", DE MARTÍNEZ COELLO

26/Xuño/2016
O vindeiro sábado 2 de xullo ás 19 horas terá lugar no Castelo a inauguración dunha nova exposición de pintura. Titúlase "48 Momentos", da man do artífice ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, que xunto a outros artistas coñecidos da mariña como Hipólito Xeada, Xosé Blanco e Pili Casabella, farán unha mostra conxunta para facerlle unha pequena homenaxe ao poeta falecido Manuel María, a quen se lle adicou este ano o día das Letras Galegas. Así mesmo, tamén terá lugar a presentación do libro "Conversas con Manuel María" de X.M del Caño. 
A exposición poderase visitar dende o 2 de xullo ata o 13 de agosto.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO