Concello de Alfoz
CELEBRADA A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA "48 MOMENTOS"

CELEBRADA A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA "48 MOMENTOS"

02/Xullo/2016

Hoxe sábado 2 de xullo inaugurouse no Castelo de Castro de Ouro a exposición de pintura de Martínez Coello “48 momentos” dedicada a Manuel María. No acto de presentación da exposición participou o propio pintor ourensán Miguel Angel Martínez Coello, que foi presentado polo responsable da Área de Cultura e Turismo de Alfoz, Xabier Pardiñas. Xunto a eles participaron a pintora afeccionada local Pilar Casabella, o artista alfocense Hipólito Xeada, habitual expositor nas salas do Castelo de Castro de Ouro, e Xosé Blanco López, deseñador da fábrica de cerámica de Sargadelos dende o ano 1979 e veciño da parroquia alfocense de Adelán. Estes tres artistas locais compartirán a sala de exposicións da primeira planta do castelo con Martinez Coello, nunha exposición que permanecerá ata o vindeiro 13 de agosto. Xabier Pardiñas anunciou que precisamente nesa data de clausura da exposición, o 13 de agosto, levarase a cabo a primeira edición dun Maratón de Pintura ao aire libre, na que participarán como xurado os catros expositores. Xunto coa inauguración da exposición, presentouse o libro “Conversas con Manuel María” de X. M. de Caño, patrocinado polo Concello de Alfoz, edición na que precisamente aparecen ilustrados os gravados expostos por Matinez Coello. No remate do acto, Alberto Geada, amosoulle aos asistentes unha peza da súa colección de calzado tradicional de madeira, explicando a súa relación coa obra de Manuel María.  

CELEBRADA A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA "48 MOMENTOS"
CELEBRADA A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA "48 MOMENTOS"
CELEBRADA A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA "48 MOMENTOS"
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO