Concello de Alfoz
PRESENTACIÓN XVIII MERCADO MEDIEVAL: DESFILE DE TRAXES MEDIEVAIS

PRESENTACIÓN XVIII MERCADO MEDIEVAL: DESFILE DE TRAXES MEDIEVAIS

05/Xullo/2016

Un ano máis, o Castro de Ouro retrocede no tempo para volver á época medieval preparándose para a gran cita dos vindeiros 15 e 16 de xullo, datas nas que se celebrará o XVIII Mercado Medieval de Alfoz.

Como preámbulo da festa, este venres 8 de xullo a partires das 21:00 horas celebrarase un desfile de traxes medievais da colección da deseñadora Reme Espantoso Rubí.

O desfile terá lugar no Castelo de Castro de Ouro e, ademais da deseñadora, colaborarán no evento Peluquería Marité, Salón de Beleza Xanela, Óscar Novo Car, Ana Fabeiro Arte Floral, Twevento, Quorum Events, Eduardo Martínez Fotógrafo, así como membros da comisión organizadora do Mercado Medieval.

O Concello de Alfoz e a Comisión do Mercado Medieval de Alfoz, organizadores do evento, convidan a todos os veciños e visitantes a participar nesta noite máxica nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro recordando que a entrada é libre.

PRESENTACIÓN XVIII MERCADO MEDIEVAL: DESFILE DE TRAXES MEDIEVAIS
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO