Concello de Alfoz
EXPOSICIÓN TRAXES MEDIEVAIS E XVIII MERCADO MEDIEVAL

EXPOSICIÓN TRAXES MEDIEVAIS E XVIII MERCADO MEDIEVAL

11/Xullo/2016

O desfile de traxes medievais de Reme Espantoso levou a elegancia desa época ós mesmos pés da Torre Pardo de Cela. Presentou a súa colección sobre a alfombra vermella e agora, ata o 31, expón uns 14 na sala do Castelo de Castro de Ouro, visitable de luns a vernes de 17.00 a 21.00 horas e fins de semana tamén de 11.00 a 14.00 horas.

Tanto o desfile como a mostra de Espantoso son anticipos do XVIII Mercado Medieval alfocense que se celebrará na noite deste venres 15, cando chegue Pardo de Cela á Castrodouro, e o sábado 16, todo o día, con pregón a cargo de Antonio Paz Palmeiro (11.15), cetrería, títeres, asalto ás tabernas, xogos infantís, tiro con arco, torneo ecuestre, pasarúas, teatro... e cea medieval cuxos tickets se poden adquirir no Concello ata esa data por 12 euros ou o mesmo día no Castelo.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO