Concello de Alfoz
CELEBRADA A MAIORÍA DE IDADE DO MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ

CELEBRADA A MAIORÍA DE IDADE DO MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ

18/Xullo/2016

Como cada ano, a noite de véspera, o público esperaba ansioso que sonara a música que
anunciara a chegada do Mariscal e a súa dona Isabel de Castro pois entón, daría comezo
a festa. De seguido, as danzas e vodas medievais, escenificación, queimada e música.
Ó día seguinte, o día grande. Antes do mediodía, Pardo de Cela e a súa dona saían da
súa torre para acercarse aos veciños que se achegaron ó seu entorno para dar por inaugurada
a segunda xornada do mercado medieval de Alfoz.

O Mariscal dedicou aos asistentes unhas palabras de benvida para agradecerlles a súa presenza: «Queridos veciños, vistantes de Castro de Ouro, como señor do castelo e destas terras, douvos á benvida o décimo oitavo mercado medieval de Alfoz, un mercado marabilloso». Acto seguido, a palabra recaeu no maestre Xabier Pardiñas, que destacou a maioría de icade do mercado e agradeceu o traballo realizado polos veciños para levar a cabo este festival, señalando que «logrouse conservar no tempo traballando a sol e sombra. Este escenario que hoxe vemos é unha parte da nosa historia que contemplamos con orgullo». Acto seguido tivo lugar o pregón, que foi lido polo enxeñeiro de raíces alfocenses Antonio Paz Palmeiro. Este destacou a gran satisfacción que lle supoñía ser pregoeiro no súa terra, e durante o seu discurso, falou de «las sensaciones que vivimos cuando estamos fuera. De las cosas que más recuerdas, la añoranza de la infancia». Durante o seu discurso, falou tamén da figura do Mariscal destacando a relevancia do persoaxe.

A continuación deuse por inaugurada a festa e os asistentes puideron disfrutar das múltiples actividades que se habían programado e que incluían unha exhibición de cetrería, títeres ou o nomeamento dos escudeiros, unha actividade que entusiasma aos máis pequenos. Xa pola tarde, os visitantes ó mercado puideron disfrutar da competición de tiro con arco, exhibicións de cetrería, un torneo ecuestre e pasarúas, representacións teatráis.

Entre os asistentes ao mercado medieval, había moitos asistentes que resaltaban o traballo feito pola organización, señalando que «se superan cada año porque siempre hay algo nuevo». Ademáis señalaban o entorno, indicando que «es fantástico, la decoración es mui natural», «mejoró mucho en cuanto a ambientación y los puestos. Además es algo distinto y ves muchas cosas», «es una fiesta muy familiar. No está masificada y es muy creativa, porque hay muchas actividades para niños».

Xa pola noitiña, tivo lugar a tradicional cea medieval, composta por mazá, empanada, xamón, chourizo, pan e viño. A xornada acabou coa escenificación de "O Xuízo do Mariscal", queimada e a actuación musical de Os Carunchos.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO