Concello de Alfoz
EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO

EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO

15/Agosto/2016

A peza de porcelana que recrea a torre do Castelo de Castrodouro, encargada polo Concello de Alfoz a Sargadelos, está exposta desde onte no propio Castelo. A finais do ano pasado, nunha reunión informal con Alberto Moreda, Directivo de Sargadelos, coa idea de realizar unha exposición de cerámica nas dependencias do Castelo, xurdeu a idea de elaborar unha peza en porcelana que recreara a Torre do Castelo do Castrodouro. 

Este proxecto inicial faise realidade coa presentación da peza que se fabricará en exclusiva para o concello e será o principal elemento dunha colección de diferentes artigos que se elaborarán para a promoción de Alfoz, e que desde o pasado domingo 14 de agosto se pode adquirir nestas mesmas dependencias. Do deseño da peza encargouse o artista alfocense Xosé Blanco, deseñador da Fábrica de cerámica de Sargadelos dende o ano 1979.

No propio Castelo poderase adquirir exclusivamente a peza por un prezo de 60€. Tamén se poderá visitar na primeira planta a exposición didáctica na que se amosa o proceso de fabricación da cerámica de Sargadelos.

 

EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO
EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO
EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO
EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO
EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO
EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO
EN ALFOZ XA LUCE A RÉPLICA DA TORRE DO CASTELO
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO