Concello de Alfoz
NOVA EDICIÓN DE TEATRO NO CASTELO

NOVA EDICIÓN DE TEATRO NO CASTELO

22/Agosto/2016
O vindeiro sábado 27 de agosto ás 20 horas celébrase nas dependecias do Castelo unha nova edición de teatro, que cumpre desta volta a súa terceira edición.

O Clube Teatral Elsinor da Coruña repetirá por segundo ano consecutivo e, despois da interpretación de "Medea" e "A técnica do Taratantaleo" o verán pasado, serán os encargados de presentarnos a obra "Xente de pálida pel", con actores tan coñecidos como Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Xosé Martínez e Carme Martínez. A entrada será gratuita.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO