Concello de Alfoz
NOVO HORARIO DO CASTELO DE CASTRO DE OURO

NOVO HORARIO DO CASTELO DE CASTRO DE OURO

01/Setembro/2016

A partir do mes de setembro poderase visitar o Castelo todas as fins de semana e festivos, polas mañás de 11 a 14 horas e polas tardes de 16 a 20 horas.

Exposicións que se poden contemplar:
Pranta baixa: exposición das antigas escolas unitarias de Alfoz.
Primeira pranta: exposición da figura do "Castelo do Castrodouro" e o proceso de fabricación da cerámica de Sargadelos. Venta exclusiva da peza no propio Castelo (e entre semana no Concello de Alfoz).
Segunda pranta: museo das Zocas, diferentes pezas expostas así como o banco de traballo e as ferramentas que utiliza o zoqueiro Alberto.
Terceira pranta: mirador ao aire libre con fermosas vistas do Val.

Agardámosvos!

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO