Concello de Alfoz
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS

ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULTOS

28/Setembro/2016
O Concello de Alfoz pon en marcha para a tempada 2016-2017 diferentes actividades deportivas para adultos: ximnasia de mantemento, aerobic e ioga. 
As actividades son gratuítas e tan só hai que pagar unha matrícula de 45€ por persoa e actividade. As actividades comezarán o 3 de outubro de 2016 e rematarán a última semana de maio de 2017.

As persoas interesadas en participar deberán dirixirse ás oficinas municipais e cubrir a folla de inscripción, en horario de luns a venres de 8:30 a 15:00 horas ou para máis información, chamar ao teléfono 982 558 001.

Horarios das actividades:
  • Aerobic: luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas (Pavillón Municipal).
  • Ximnasia de mantemento: martes e xoves de 18:15 a 19:15 horas (Pavillón Municipal).
  • Ioga: martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas (Ximnasio I.E.S Alfoz Valadouro).
 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO