Concello de Alfoz
CAMBIO DE HORARIO NAS OFICINAS MUNICIPAIS

CAMBIO DE HORARIO NAS OFICINAS MUNICIPAIS

05/Outubro/2016
O Concello de Alfoz informa da entrada en vigor, o vindeiro día 2 de outubro, da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Segundo o artigo 30 apartado 2 desta lei “Sempre que por Lei ou no Dereito da Unión Europea non se exprese outro cómputo, cando os prazos se sinalen por días, enténdese que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos”. Por tal motivo cámbiase o horario de apertura do rexistro do Concello de Alfoz estando abertas as Oficinas Municipais de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas e permanecendo pechadas os sábados.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO