Concello de Alfoz
LUGO TERMAL 2016

LUGO TERMAL 2016

08/Outubro/2016
Lugo Termal é un programa da Deputación Provincial de Lugo que potencia o benestar social e o turismo termal na Provincia, ofrecendo a lucenses maiores de 55 anos un total de 600 prazas subvencionadas, distribuídas nos seguintes establecementos balnearios da provincia.

BALNEARIOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA:
  • Hotel Balneario "Augas Santas" (Pantón): 235 prazas.
  • Hotel Balneario "Río Pambre" (Palas de Rei): 100 prazas.
  • Hotel Balneario "Guitiriz" (Guitiriz): 235 prazas.
  • Hotel Balneario "Termas Romanas" (Lugo): 30 prazas.
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA E SERVICIOS OFERTADOS:
  • 6 días con 5 noites de estancia.
  • 5 pensións completas.
  • Día de entrada (domingo): incluídos cea e aloxamento.
  • Día de saída (venres): incluídos almorzo e comida.
  • 8 técnicas de saúde.
  • Un recoñecemento médico á chegada.
  • De luns a xoves: programa de animación sociocultural.
  • Asistencia especializada e programas específicos para persoas con problemas de movilidade ou incapacidade.
(*) Con carácter xeral cada participante terá dereito a 20 técnicas terapéuticas durante dez días sen necesidade de estancia na entidade adherida.

REQUISITOS:
- Ter 55 anos, ou máis, cumpridos.
- Estar empadroado nalgún Concello da provincia de Lugo ( o acompañante poderá participar aínda que non cumpra estes requisitos).
- No caso de ser acompañante, sempre e cando sexa cónxuxe ou análoga relación, poderá participar aínda que non cumpra estes requisitos.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- D.N.I. do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede.
- Certificado de empadroamento.

LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE:
De luns a xoves na Oficina de Servizos Socias do Concello, mediante cita previa que poderá solicitar a través do teléfono de contacto 982 238 920. O prazo de inscrición remata cando se cubran todas as prazas ofertadas.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO