Concello de Alfoz
XXV FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE

XXV FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE

12/Outubro/2016
O vindeiro día 23 de outubro terá lugar o "XXV Festival da Terceira Idade", para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañados dos seus cónxuxes.

Os actos comezarán ás 12.30 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de confraternidade na "Finca Galea", así como diversos actos.

As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello, rematando o prazo o día 20 de outubro (xoves).
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO