Concello de Alfoz
PROXECCIÓN NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA

PROXECCIÓN NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA

22/Novembro/2016

O Concello de Alfoz celebrará o Día Internacional da Violencia de Xénero este sábado 26 de novembro ás 19.00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz, coa proxección do documental “As silenciadas”, documental histórico que recupera historias da vida de numerosas mulleres que defenderon a liberdade durante a ditadura.

“As silenciadas” é un documental de Pablo Ces, que relata o traballo de investigación feito por Aurora Marco, catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega de la Universidade de Santiago, e que fala das numerosas mulleres que andaron na clandestinidade sendo duramente represaliadas. Este documental recibiu o Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO