Concello de Alfoz
OBRADOIRO "O MÓBIL E O BANCO DE RECORDOS"

OBRADOIRO "O MÓBIL E O BANCO DE RECORDOS"

03/Decembro/2016
O vindeiro mércores 7 de decembro terá lugar, no Centro Sociocultural ás 10.30, un obradoiro adicado aos maiores de 55 anos co que se pretende recopilar os seus recordos a través de imaxes ou gravacións.
Neste taller os participantes deberán traer unha ou máis fotos antigas, que serán dixitalizadas e comentadas para fomentar a sociabilidade e interactividade entre os alumnos. Analizaranse e comentaranse as diferentes fotografías aportadas polos participantes, lembrando anos pasados e conformando lembranzas propias da nosa xente. 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO