Concello de Alfoz
CABALGATA DE REIS

CABALGATA DE REIS

03/Xaneiro/2017

Todo está preparado para a chegada mañá xoves das súas Maxestades de Oriente. A comitiva partirá dende a Casa da Cultura ás 16.15 horas, pasando por tódalas parroquias do concello e repartindo caramelos. O percorrido rematará no Castro donde os Reis Magos farán unha ofrenda nun belén vivente e despois subirán ao Castelo para ser recibidos polo Alcalde, quen lles entregará a chave do concello. Posteriormente recibirán aos nenos e nenas para recoller as súas cartas e entregarlles un pequeno agasallo. Haberá chocolate e biscoito gratis para todos os asistentes.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO