Concello de Alfoz
CURSOS DO LUGOWORK PARA MOZOS NO PARO

CURSOS DO LUGOWORK PARA MOZOS NO PARO

12/Xaneiro/2017
Destinatarios: lucenses menores de 30 anos e rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil.
Prazo de inscripción: ata o 3 de febreiro en www.deputacionlugo.gal e www.eoi.es.

Trátase do 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Goberno Provincial tras captar preto de 2 millóns de euros da Unión Europea a través da EOI. Os participantes nestes cursos terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Para elo, o organismo provincial asumirá parte dos custos laborais con axudas de 5.000 euros ás entidades contratistas lucenses, que serán seleccionadas nun vindeiro concurso público.

As 7 accións formativas, que inclúen preto de 1.600 horas de formación, son:
- Auxiliar de Ventas Online e Atención ao Público.
- Axudante de Cociña e Servizo de Restauración.
- Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal.
- Aserradero de madeira.
- Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES.
- Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construcción.
- Operario de obra civil.

Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es. Máis información en lugowork@deputacionlugo.org e no 982-26-00-88 ou 982-26-00-77.
Os cursos celebraranse en Lugo, Viveiro, A Fonsagrada e Monforte de Lemos.
Tras esta fase de formación, os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO