Concello de Alfoz
AXUDA ECONÓMICA PARA AS FAMILIAS CON FILLO NADOS EN 2017

AXUDA ECONÓMICA PARA AS FAMILIAS CON FILLO NADOS EN 2017

12/Xaneiro/2017
PERSONAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.

REQUISITOS
a. Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. 
b. Que a renda per cápita da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a base impoñible de aforro, da declaración do IRPF do ano 2015 non supere os 45.000 €. De ser esta contía superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida polo número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500€.

TIPOS DE AXUDA E CONTÍAS
A contía total da axuda será de 1.200€ a razón de 100€/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano. A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida que só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e productos para a infancia.

DOCUMENTACIÓN
  • D.N.I./N.I.F. ou N.I.E. da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.
  • Libro de Familia ou Certificación Literal de Nacemento.
  • Cerficado de Empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDES
De Luns a Xoves na Oficina de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, mediante cita previa chamando ao teléfono 982 238 920.
O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO