Concello de Alfoz
PROGRAMA BEN EMPREGADO

PROGRAMA BEN EMPREGADO

25/Xaneiro/2017
Ata o 3 de febreiro está aberto o prazo da solicitude do programa "Ben Empregado 3, máis social" o cal financia durante un ano os custos laborais de 193 postos de traballo en empresas e colectivos de toda a provincia.
As persoas interesadas, que deberán ser lucenses en paro, teñen que presentar a documentación necesaria no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.
Pódense consultar os perfís, prazos e documentación necesaria en www.deputacionlugo.gal e no Boletín Oficial Provincial.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO