SESIÓN INFORMATIVA SOBRE A PRAGA DA PATACA
12/Febreiro/2017
Dende a Xunta estanse a organizar unhas charlas informativas sobre a praga que afecta á pataca e na que se ven implicados numerosos concellos. O Delegado Territorial da Xunta de Galicia e os Técnicos da Consellería do Medio Rural serán os encargados de impartir estas sesións.
En Alfoz terá lugar o vindeiro luns 20 de febreiro ás 19.00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural.