CHARLA DE PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DAS PERSOAS MAIORES
11/Marzo/2017
O vindeiro mércores 22 de marzo ás 11.00 horas terá lugar no Salón de actos do Centro Sociocultural do concello unha charla impartida pola Garda Civil do concello de Barreiros no que se tratará o tema da prevención e mellora da seguridade das persoas maiores (timos, hurtos, roubos, maltrato...).
Poderán asisitir todas aquelas persoas que o desexen, pero deberán inscribirse previamente no Concello de Alfoz antes da data sinalada.