Concello de Alfoz
AXUDAS A EMPRESAS PARA A DOTACIÓN DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA

AXUDAS A EMPRESAS PARA A DOTACIÓN DE BANDA LARGA ULTRARRÁPIDA

25/Marzo/2017
O Plan de Banda Larga 2020 da Xunta achega internet de alta velocidade ás empresas e autónomos de zonas illadas do rural. 

Subvencionarase ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario. O IVE non será subvencionable. 
Os requisitos e obrigas serán non dispoñer de cobertura de internet de cando menos 30Mbps e manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 20 de abril de 2017.

Para máis información, poden consultar os seguintes enlaces do Diario Oficial de Galicia (DOG):
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170320/AnuncioG0177-100317-0001_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170320/AnuncioG0177-100317-0003_gl.html

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO