Concello de Alfoz
ALFOZ CELEBRA O DÍA DO LIBRO INFANTIL COS MÁIS PEQUENOS

ALFOZ CELEBRA O DÍA DO LIBRO INFANTIL COS MÁIS PEQUENOS

01/Abril/2017

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil, o Concello de Alfoz, a través da Biblioteca Municipal, organizou un contacontos para os nenos e nenas da Escola Infantil de Alfoz. Os máis pequenos, acompañados de papás e mamás, viaxaron ao país de Cocoricoricó onde alguén roubou o arco da vella e ningún animal consegue atopalo, pero as pitas e os pitiños do curral de Cocoricoricó saíron na súa busca e non pararon ata atopalo. Esta obra de Charo Pita, foi unha actividade encadrada dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia. A Biblioteca Municipal, organizadora do evento, colabora durante todo o ano coa Escola Infantil de Alfoz, que actualmente conta con 12 usuarios.

Referente a dita escola, desde Concellería de Igualdade e Benestar, recórdase que está aberto o prazo para a renovación de praza ou de novo ingreso para o curso escolar 2017/2018 ata o 10 de abril, podendo dirixirse á propia Escola Infantil de Alfoz en horario de 8:30 a 15:30 horas de luns a venres, para formalizar a solicitude ou para ampliar a información.

A petición do Concello de Alfoz, o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar comprometeuse á ampliación do horario da escola e á posta en marcha do servizo de comedor no vindeiro curso, no caso de existir demanda. Neste sentido, para saber a demanda real de usuarios que necesitan horario de tarde ou servizo de comedor, desde o Concello de Alfoz, animan aos pais e nais a que indiquen as súas necesidades de horario e de servizo de comedor no momento de facer a solicitude de adxudicación de prazas, pois estes servizos dependerán do número de peticións.

Aínda que teñen prioridade na adxudicación de prazas aqueles nenos e nenas empadroados/as no Concello de Alfoz xunto con, polo menos, un dos proxenitores, na Escola Infantil de Alfoz existen prazas vacantes, polo que poderán optar a elas nenos e nenas de concellos próximos.

 

ALFOZ CELEBRA O DÍA DO LIBRO INFANTIL COS MÁIS PEQUENOS
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO