Concello de Alfoz
III RUTA DE TAPAS E RUTA DE SENDEIRISMO

III RUTA DE TAPAS E RUTA DE SENDEIRISMO

11/Abril/2017

Durante a vindeira Semana Santa celebrarase a III Ruta de Tapas de Alfoz, organizada pola Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Alfoz en colaboración coa hostalería local e a ACIA de Alfoz. A ruta desenvolverase desde o venres 14 de abril ata o domingo 16. Nesta edición participarán un total de sete establecementos compostos por Restaurante A Naranxa, Bodegón Ponte de Pau, Restaurante O Frenazo, Bar Rodolfo, Casa Pereiras, O Bar de Elvira e Bar San Pedro.

Os participantes nesta ruta entrarán no sorteo de 200€ en vales de compra no comercio local de Alfoz. Para optar ao sorteo, os participantes deberán selar a tarxeta de participación en todos os establecementos participantes en alomenos dúas das tres xornadas da ruta. As tarxetas estarán a disposición dos participantes en todos os establecementos pertencentes á ruta.

As tapas que se poderán degustar nesta ruta serán gratuítas e serán valoradas polos participantes, habendo un premio á mellor tapa.

O venres 14 haberá ademais unha ruta de sendeirismo á Pena Abaladoira, organizada por O Freixo do Lobos en colaboración co Concello de Alfoz. Para anotarse a esta ruta poden chamar ao 657 84 92 00. Ademais, durante esta xornada, un microbús percorrerá Alfoz con paradas nos bares participantes e no Castelo de Castrodouro, que permanecerá aberto durante esta Semana Santa en horario de mañá de 11 a 14 e de tarde de 16 a 19.

Esta terceira edición da ruta das tapas coincidirá na fin de semana da celebración das probas artísticas das IV Olimpiadas Interparroquiais de Alfoz, un aliciente mais para visitar as terras de Alfoz. Os premios entregaranse na derradeira xornada das Olimpiadas Interparroquiais que se celebrarán o vindeiro 22 de abril.

III RUTA DE TAPAS E RUTA DE SENDEIRISMO
III RUTA DE TAPAS E RUTA DE SENDEIRISMO
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO