OBRADOIROS CREATIVOS DE PASCUA
17/Abril/2017
Varios obradoiros creativos tiveron lugar esta Semana Santa na Omix de Alfoz durante as vacacións escolares.
Durante os cales houbo tempo para o cine infantil, para as manualidades e por suposto para os contos, para o que se creou o espazo Conto-CONTIGO, no que se presentou un conto infantil que trata sobre a autoestima, o apoio mutuo e o traballo en equipo a través dunha proposta que resultou moi novidosa e atractiva para os/as participantes: o Kamishibai, palabra de orixe xaponés que significa teatro de papel. Despois da sesión de contacontos os/as nenos/as foron resolvendo unha serie de acertixos grazas ao traballo colaborativo. Un verdadeiro pracer poder compartir o seu tempo de ocio con eles/as.