Concello de Alfoz
RECOLLIDA DA PATACA AFECTADA POLA COUZA GUATEMALTECA

RECOLLIDA DA PATACA AFECTADA POLA COUZA GUATEMALTECA

02/Maio/2017
Ás oito e media da mañá de este xoves é a hora fixada para que personal contratado pola Xunta inicie a recollida da patata arrincada polos agricultores nas súas hortas e cultivos en Alfoz. O calendario comeza pola Pontenova, hoxe e mañá, e seguirá por Alfoz, o vindeiro xoves 4 e venres 5 de maio. Nada máis se sabe. Tambén é unha incógnita a cantidade que se recollerá. Os propietarios de cultivos de patata teñen que ir ao concello ou ás oficinas agrarias a recoller os sacos en donde depositar o tubérculo que terán que arrincar da terra. O xoves e venres 4 e 5 de maio respectivamente, de 8.30 a 18.00 horas, pediránvolo nas vosas casas.
 
A orde da Xunta é clara: «No día e hora indicados pasarán polos seus domicilios os equipos oficiais para a retirada de pataca, polo que se solicita que teñan as patacas preparadas do seguinte xeito: en bolsas de plástico abertas que serán precintadas no momento da súa retirada». E engade: «Deberán estar en bolsas separadas as patacas de semente, as de consumo da campaña pasada e as que obrigatoriamente deberán estar arrincadas da presente campaña».
 
En tanto, dende a Xunta garantízase que de momento a praga segue controlada e que non se extendeu máis alá das zonas contaminadas, o norte da Coruña e A Mariña lucense. A directora xeral Belén Docampo manifestou que na actualidade hai instaladas 966 trampas en campo, polas zonas contaminadas, a zona tampón e as principais zonas de producción de Galicia, e outras 357 en almacéns da zona infestada. «Seguimos traballando con trampas e de momento non hai ningún concello máis infestado», sinalou.

Fonte: La Voz de Galicia
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO