Concello de Alfoz
ALFOZ E O VALADOURO PROMOCIONARÁN XUNTOS OS SEUS RECURSOS EN TUREXPO.

ALFOZ E O VALADOURO PROMOCIONARÁN XUNTOS OS SEUS RECURSOS EN TUREXPO.

09/Maio/2017
Os concellos de Alfoz e O Valadouro acudirán xuntos ao Salón Turístico de Galicia, un certamen que se celebrará en Silleda do 8 ao 11 de junio e ao que invitaron a participar tamén a empresas de ambos municipios. Ás de hostelería (casas de turismo rural, hoteles, aloxamentos), firmas relacionadas con algunha actividade turística, como O Freixo dos Lobos, ou coa gastronomía (productores de mel, pan e derivados, carnes), así como a comisión organizadora do Mercado Medieval o o zoqueiro Alberto Geada.

Así o explicaba onte o tenente alcalde y concelleiro de Turismo de Alfoz, Xabier Pardiñas, sinalando que precisamente onte, a última hora de la tarde, íbase celebrar unha reunión con empresarios para invitarlos a compartir o estand que abrirán os dous concellos, levando os seus propios folletos e información de interese. Por parte de Alfoz, explicou, aparte dos folletos do Concello, viaxarán cos novos que estrenaron en Fitur. Pardiñas sinalou que na reunión previa celebrada polos representantes de ambos concellos planteoulle ao alcalade de O Valadouro, Edmundo Maseda, a posibiladade de realizar conxuntamente a promoción turística de ambos concellos, promoción que, según Pardiñas, podería levarse a cabo dende a Oficina de Turismo de Alfoz.

No O Valadouro, Maseda anunciou que, aproveitando o obradoiro de emprego, van a preparar a ruta A Fervenza do Escuridal e o acceso ao Monte Castelo, onde o Concello disponón dunha finca de 40.000 metros cadrados e onde prevén construír un mirador. "En días claros ves os montes da Fonsagrada", sinalou o rexidor valeco.

Fonte: La Voz de Galicia
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO