Con 102 anos, Dolores Montenegro Vazquez, da parroquia de Castro de Ouro, é a veciña de máis idade do Concello de Alfoz. Coincidindo coa celebración, a Concelleira de Igualdade e Benestar e o Tenente Alcalde do Concello Alfoz, Carmen Geada e Xabier Pardiñas, acercáronse a felicitala á casa da súa filla Carmen no barrio de A Espiñeira, da parroquia de Vilaronte, no veciño concello de Foz, entregándolle un ramo de flores como mostra de afecto neste día tan especial.