Concello de Alfoz
ACTOS LETRAS GALEGAS 2017

ACTOS LETRAS GALEGAS 2017

18/Maio/2017

Este mércores, día 17, a Asociación Cultural O Castelo de Alfoz xunto co Concello organizou un acto para celebrar o Día das Letras Galegas. O salón de actos da Casa de Cultura ateigouse para escoitar a conferencia ofrecida por Lionel Rexes sobre o homenaxeado este ano, Carlos Casares. Pero houbo máis actividades; os asistentes participaron nun xogo sobre as letras galegas, escoitaron as cancións galegas que interpretaron os membros do Coro Virxe das Dores de Ferreira do Valadouro, e puideron presenciar a estrea da obra «Xente con xente», do grupo Trangalleiros de Lourenzá xunto cos Raiolas de Alfoz. Unha tarde de cultura e festa para conmemorar o día das Letras Galegas en Alfoz, na que ademáis se entregaron os premios do certame literario «Trulasqui» convocado para os máis pequenos.

Longa vida ás nosas letras!

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO