Concello de Alfoz
A ESCOLA INFANTIL DE ALFOZ OFRECERÁ A POSIBILIDADE DE SOLICITAR SERVIZO DE COMEDOR NA NOVA MATRÍCULA

A ESCOLA INFANTIL DE ALFOZ OFRECERÁ A POSIBILIDADE DE SOLICITAR SERVIZO DE COMEDOR NA NOVA MATRÍCULA

01/Xuño/2017

Segundo o resultado da reunión celebrada o mércores 31 de maio de 2017, nas oficinas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, na que participaron Carmen García Campelo, xerente adxunta de Escolas Infantís do ente público, e Xabier Pardiñas Suárez, Tenente Alcalde do Concello de Alfoz, os admitidos na Escola Infantil de Alfoz poderán solicitar servizo de comedor.

Nunha reunión anterior Xabier Pardiñas tíñalle solicitado ao Consorcio o aumento dos servizos da Escola Infantil de Alfoz, transmitíndolle ao Xerente, Perfecto Rodriguez Muíños, as peticións dos pais de nenos e nenas de 0 a 3 anos do concello, referidas fundamentalmente á ampliación do horario da escola e á posta en marcha do servizo de comedor. Durante o período de reserva de prazas os demandantes xa puideron solicitar o servizo de comedor e o horario ampliado para saber a demanda real dos mesmos. Dado que a maioría das solicitudes son con comedor, desde o Consorcio admitiron as peticións do Concello polo que os pais poderán solicitar ese servizo no momento da matrícula. Para transmitir esta información de primeira man desde o Concello poñeranse en contacto cos pais e nais demandantes dos devanditos servizos.

Desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Alfoz recordan que na Escola Infantil de Alfoz existen prazas vacantes, polo que poñen esta circunstancia en coñecementos dos pais e nais de crianzas en lista de agarda nas escolas infantís de concellos limítrofes.

 

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO