Concello de Alfoz
O CONCELLO DE ALFOZ XUNTO CO DO VALADOURO PROMOCIONA OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS EN TUREXPO 2017.

O CONCELLO DE ALFOZ XUNTO CO DO VALADOURO PROMOCIONA OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS EN TUREXPO 2017.

09/Xuño/2017
Os concellos de Alfoz e O Valadouro participan de forma conxunta na VII Feira de Turismo de Galicia Turexpo 2017. Nas dúas primeiras xornadas, desde a Oficina de Turismo do Concello de Alfoz realizáronse preto de trinta entrevistas con diferentes turoperadores de países tan diversos como Brasil, Polonia, EE.UU, Portugal e China, aparte das empresas nacionais. Nesta bolsa de contratación, na que tamén participaron profesionais que desenvolven as súas actividades no concello, tales como O Freixo dos Lobos, Alberto Geada ou Amextrem, mostráronse as potencialidades turísticas da zona para abrir novas vías de contacto pois, como indica Xabier Pardiñas, responsable de Turismo do Concello de Alfoz, "trátase dun espazo de networking, un punto de partida con novos contactos de traballo que debemos continuar". No stand habilitado para os dous concellos, coordinado pola Oficina de Turismo, mostraranse ao longo destes catro días non soamente os seus recursos turísticos senón tamén productos gastronómicos da zona. Durante as xornadas realizaranse degustacións de diferentes produtos relacionados co mundo do pan, os embutidos e o mel. Participan nesta actividade Panadería La Concepción, Panadería Lorenzo, Pastelería Méndez, Embutidos Hermilino, Mel Ouro Puro, Mel O Trobo e Apicultura de Painzás. Dentro das actividades programadas tamén se realizarán, entre os visitantes ao stand, cinco sorteos de fins de semana en Alfoz e O Valadouro por cortesía do Hotel Vila do Val, Casa Franco e Casa do Forno. A responsable da Oficina de Turismo, Ana Pena, indica que "esta feira é un moi bo expositor para mostrar os nosos puntos fortes e dar a coñecer ambos concellos para atraer un maior número de visitantes".
Na xornada de onte realizouse un acto institucional onde participaron os alcaldes de ambos concellos.
O CONCELLO DE ALFOZ XUNTO CO DO VALADOURO PROMOCIONA OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS EN TUREXPO 2017.
O CONCELLO DE ALFOZ XUNTO CO DO VALADOURO PROMOCIONA OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS EN TUREXPO 2017.
O CONCELLO DE ALFOZ XUNTO CO DO VALADOURO PROMOCIONA OS SEUS RECURSOS TURÍSTICOS EN TUREXPO 2017.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO