Concello de Alfoz
ACTIVIDADES DE VERÁN

ACTIVIDADES DE VERÁN

15/Xuño/2017
COLE DE VERÁN:
Dirixido a nenos/as que cursaron Educación Primaria.
Datas: MÉRCORES e VENRES do 19 de xullo ao 11 de agosto.
Horario: 10:00 a 11:15 horas.
A actividade consiste na realización de actividades de atención e concentración, tarefas de lectura, escritura, comprensión lectora, cálculo, razoamento lóxico, etc.
O material didáctico pode aportalo o/a neno/a (fichas de repaso entregadas na escola ou libros de vacacións) ou facilitárselle durante as sesións.

CAMPAMENTO URBANO:
Datas: de LUNS a VENRES do 17 de xullo ao 11 de agosto.
Horario: 11:30 a 13:00 horas.
- OBRADOIROS CREATIVOS: realizaranse os luns, mércores e venres na aula da OMIX. Dirixido a nenos/as que cursaron Educación Infantil ou Primaria.
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS: realizaranse os martes e xoves no Pavillón Polideportivo. Dirixido a nenos/as que cursaron Eduación Primaria.

As/os nenos/as que participen no COLE DE VERÁN e no CAMPAMENTO URBANO poderán traer algo para comer.

As fichas de inscrición entregaranse no Concello de Alfoz. Inscricións ata o mércores 21 de xuño.
ACTIVIDADES DE VERÁN
ACTIVIDADES DE VERÁN
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO