Concello de Alfoz
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA "MEMORIAS DUN FOTÓGRAFO. PAISAXES DA MARIÑA"

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA "MEMORIAS DUN FOTÓGRAFO. PAISAXES DA MARIÑA"

24/Xuño/2017

A inauguración terá lugar mañá domingo ás 12:00 horas no Castelo do Castrodouro. Esta exposición permanecerá aberta do 25 de xuño ao 29 de xullo na sala de exposicións da primeira pranta. Trátase dunha exposición feita polo fotógrafo Luis Cristian Carabali de diferentes paisaxes da Mariña entre os que destacan fotografías do propio Castelo do Castrodouro e algunha secuencia da celebración do Mercado Medieval de Alfoz. Precisamente, esta exposición estará exposta nos días de celebración do XIX Mercado Medieval de Alfoz que se levará a cabo os días 14 e 15 de xullo, compartindo espazo dentro da torre cunha exposición de traxes medievais da deseñadora Reme Espantoso e coa colección de calzado tradicional de madeira da Sala-Museo das Zocas de Alberto Geada.

Actualmente o Castelo de Castrodouro está aberto en horario de fins de semana e festivos de 11.00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e a partires do 1 de xullo abrirá tamén de luns a venres en horario de tarde de 17:00 a 21:00 horas e festivos e fins de semana de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO