Concello de Alfoz
O XIX MERCADO MEDIEVAL CONTA COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN

O XIX MERCADO MEDIEVAL CONTA COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN

10/Xullo/2017
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, xunto ao Concelleiro de Turismo, Xabier Pardiñas, e outros membros da organización, presentaron este luns o XIX Mercado Medieval do municipio, que financia o organismo provincial a través dunha axuda de 2.000 euros para a celebración deste evento. Ademáis a Deputación colabora con demostracións de artesanía e oficios tradicionais, a través do CENTRAD.

Vidal Baamonde subliñou que "esta Feira rememora o pasado histórico de Alfoz, e celébrase nun marco incomparable como é a contorna do Castelo de Castroudoro, polo tanto unha cita ineludible para esta fin de semana, e para coñecer o legado histórico de Alfoz. Ademáis, o Deputado explicou que dende o Goberno da Deputación, "na presente anualidade investimos 330.000 euros para a realización de 71 eventos turísticos, feiras e mercados, en máis de 50 concellos lucenses, cos que dinamizamos a vida dos nosos municipios, especialmente no rural lugués, contribuíndo a impulsar a súa economía e incentivar o turismo".

O Alcalde de Alfoz convidou a todos os visitantes a achegarse ao Concello durante estes días, e explicou que nesta nova edición destacan entre as moitas actividades a degustación da cea medieval, a celebración dun mercado con productos típicos da zona recordando a vida no medievo, demostracións de artesanía, cetrería, representacións teatrais, títeres ou torneos ecuestres. Val Díaz agradeceu o traballo de todas as organizacións e asociacións implicadas na organización desta Feira, "sen axuda desinteresada de todas as persoas que, ano tras ano colaboraron, este evento no sería posible".
O XIX MERCADO MEDIEVAL CONTA COA COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO