Concello de Alfoz
INAUGURACIÓN "PAISAJES DE LA MEMORIA"

INAUGURACIÓN "PAISAJES DE LA MEMORIA"

01/Agosto/2017

Hoxe domingo 30 de xullo inaugurouse no Castelo do Castrodouro a exposición de pintura da pintora menorquina Pilar Perdices “Paisajes de la memoria”, colección de pinturas inédita realizada en exclusiva para esta exposición, e que permanecerá na planta primeira da torre ata o 31 de agosto. Pilar Perdices foi presentada polo responsable da Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz, Xabier Pardiñas, quen destacou a “exclusividade da obra exposta”, feito que lle confire “un gran prestixio a esta sala de exposicións” do Castelo de Castrodouro. Xunto a eles participaron familiares, amigos e amantes da pintura que puideron departir coa artista.

Pilar Perdices, natural de Mahón (Baleares), e licenciada en Belas Artes e Catedrática numeraria de bacharelato na especialidade de debuxo. A súa primeira exposición individual foi no ano 1967, e desde entón expuxo en diferentes lugares de Barcelona, como a Praza da Catedral, o Museu de Vilassar de Mar, Centre Cultural Torre Vella de Salou, Fundació cultural Caixa Terrassa, e un longo etcétera, así como en Madrid, e na súa terra natal tanto en Menorca como en Palma de Mallorca. A exposición inaugurada este mediodía é a primeira que Pilar Perdices fai en Galicia, terra da que se namorou desde que visitou Alfoz. No currículo da artista destacan diferentes galardóns, destacando o premio de debuxo Ynglada-Guillot na súa XLIII Edición. Tamén participou na feria Arco de Madrid en 1986 coa Galería Tertre de Mataró.

INAUGURACIÓN "PAISAJES DE LA MEMORIA"
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO