Concello de Alfoz
VISITANTE NÚMERO 10.000

VISITANTE NÚMERO 10.000

12/Agosto/2017

Hoxe, 12 de agosto, chegou ao Castelo de Castrodouro o visitante número 10.000, dende o comezo da súa apertura durante todo o ano e tendo en conta que na actualidade atópase aberto ao público durante a tempada alta tódolos días da semana e o resto do ano fins de semana e festivos. 

O afortunado foi José María García Sancho, natural de Boñar (León) que foi agasallado pola responsable da oficina de turismo cunha zoca conmemorativa realizada polo afamado zoqueiro Alberto Geada cuxo museo se pode visitar actualmente na segunda pranta do Castelo, ademais dunha exposición de pintura da artista menorquina Pilar Perdices titulada "Paisajes de la memoria" e dunha colección de traxes de liño e seda da deseñadora Reme Espantoso que precisamente se inaugura o luns 14 de agosto, día no cal o Castelo permanecerá aberto mañá e tarde con motivo da festividade do 15 de agosto.

 
 
VISITANTE NÚMERO 10.000
VISITANTE NÚMERO 10.000
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO