Remata o verán e con el a clausura das actividades de verán realizadas no Concello de Alfoz durante os meses de xullo e agosto cos/as nenos/as de Educación Infantil e Primaria, no que houbo máis dunha vintena de participantes do propio concello, doutros limítrofes e tamén doutras comunidades.
Tratouse dunha actividade totalmente gratuita e estruturada en dous módulos. Por unha parte, o "COLE DE VERÁN", dirixido a nenos/as de Educación Primaria e no que se realizaron actividades de repaso e reforzo escolar durante dúas sesións semanais. Pola outra, o "CAMPAMENTO URBANO", dirixido a nenos/as de Educación Infantil e Primaria no que se realizaron diversos obradoiros creativos, actividades de animación á lectura, actividades deportivas, etc.