Concello de Alfoz
XXVI FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE

XXVI FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE

09/Setembro/2017
O vindeiro 1 de outubro terá lugar o "XXVI Festival da terceira idade", para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, que poderán ir acompañados dos seus cónxuxes.

​Os actos comezarán ás 12:30 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de confraternidade en "Finca Galea", así como diversos actos.

​As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello, rematando o prazo o día 28 de setembro (xoves).
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO