Concello de Alfoz
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "MOBILANDIA II" DE PEPE ÁLVEZ

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "MOBILANDIA II" DE PEPE ÁLVEZ

07/Outubro/2017

O Castelo de Castrodouro foi escenario hoxe da inauguración da exposición fotográfica de Pepe Álvez “Mobilandia II” que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro mes de novembro en horario de fins de semanas e festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Á presentación asistiron Pilar García Porto, Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico, Deseño e Artesanía e Educación da Deputación de Lugo; Benigno Lázare, Presidente da Asociación de Prensa; Jorge Val, Alcalde do Concello de Alfoz e Xabier Pardiñas, Tenente de Alcalde do Concello de Alfoz.

"Mobilandia II é unha colección na que Pepe Álvez (Lugo, 1953) presenta fotos feitas na súa totalidade co teléfono móbil. As fotos son a cor, de temática variada pero predominando as paisaxes rurais. En plena época de dominio dos 'selfies' este veterano profesional demostra que coas novas tecnoloxías pódese facer un traballo artístico alonxando un pouco o foco e sen que teña que saír en primeiro termo necesariamente quen realiza a foto".

Xabier Pardiñas agradece a Pilar García e Benigno Lázare a súa participación nesta inauguración. “Dende fai dous anos dende Cultura e Turismo do concello de Alfoz estase traballando para congregar neste Ben de Interese Cultural diferentes mostras e actividades, como a que hoxe se presenta. Doble agradecemento á Deputación, pola cesión a través do Museo Provincial desta exposición e polas axudas económicas que permiten desenvolver diferentes actividades relacionadas co turismo e a cultura”.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "MOBILANDIA II" DE PEPE ÁLVEZ
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO