Concello de Alfoz
ALFOZ EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

ALFOZ EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

18/Novembro/2017
O pasado mércores, o  Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela, acolleu o acto de sinatura do protocolo para a campaña “En negro contra as violencias machistas”, ao que asistiu en representación do Concello de Alfoz o seu Tenente-Alcalde Xabier Pardiñas, xunto con representantes de 60 dos 75 concellos e deputacións adheridas.

"Alfoz en negro" buscará durante este mes de novembro a implicación de establecementos comerciais e colectivos do concello para que durante a semana do 25 de novembro mostren nos seus establecementos a campaña “en negro” e dese xeito amosen o seu rexeitamento á violencia machista. Con esta iniciativa "trátase de darlle visibilidade ao sentimento unánime de repulsa da sociedade de Alfoz contra a violencia machista" explica Carmen Xeada, concelleira de Igualdade e Benestar. 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO