Concello de Alfoz
ALFOZ ESTREOU EN FITUR UNHA NOVA IMAXE DE PROMOCIÓN TURÍSTICA

ALFOZ ESTREOU EN FITUR UNHA NOVA IMAXE DE PROMOCIÓN TURÍSTICA

15/Xaneiro/2018
UNHA REPRESENTACIÓN DO CONCELLO PARTICIPOU DURANTE ESTA SEMANA NA 38ª EDICIÓN DA FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO FITUR
A Feria Internacional de Turismo FITUR contou, un ano máis,  coa participación do Concello de Alfoz. Unha delegación do concello, formada polo Alcalde, Jorge Val, e o responsable da Area de Cultura e Turismo, Xabier Pardiñas, participou nos actos desta 38ª edición, na que se estreou a nova imaxe da campaña de promoción turística iniciada o ano pasado baixo o eslogan “Alfoz, fortaleza entre a serra e o mar”. Ademáis da nova imaxe, tamén se estrearon novos folletos promocionais e unha nova versión da APP “Caminos de Alfoz”. “O novo folleto trata de amosar o noso patrimonio histórico-artístico e paisajístico”, indica Xabier Pardiñas, incluíndo a nova ruta entre a Fervenza do Escouridal e a Pena Abaladoira. Alfoz estivo arroupando a campaña do xeodestino da Mariña Lucense, pois “ debemos traballar en conxunto xa que, tanto no turísmo coma noutros eidos, pensar en localismos é pensar pequeno. Ao fin e ao cabo os recursos turísticos son patrimonio de todos”, opina Pardiñas.
A presentación a de “A Mariña Lucense, mágica por naturaleza”, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, foi o xoves 18, ás 17:00 horas, no stand de Galicia situado no pavillón 9 do recinto feiral Ifema.
 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO