Concello de Alfoz
CONFERENCIA DE ENRIQUE ALCORTA NO CASTELO DO CASTRODOURO

CONFERENCIA DE ENRIQUE ALCORTA NO CASTELO DO CASTRODOURO

21/Marzo/2018
O responsable do departamento de Arqueoloxía e Historia do MPLugo, Enrique Alcorta, impartirá unha conferencia baixo o título "De paseo pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo", que terá lugar no Castelo de Castro de Ouro, o xoves, 22 de marzo, ás 10:00h, na que participarán alumnos do IES Alfoz-Valadouro de Alfoz e do CEIP Virxe do Carme de Burela.

Este relatorio forma parte das actividades complementarias da exposición "Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo I", mostra producida e cedida en préstamo temporal polo MPLugo e que se pode visitar no Castelo de Castro de Ouro (Alfoz) desde o 3 de marzo ata o 1 de abril de 2018.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO