Concello de Alfoz
ÚLTIMA XORNADA DAS V OLIMPÍADAS INTERPARROQUIAIS DE ALFOZ

ÚLTIMA XORNADA DAS V OLIMPÍADAS INTERPARROQUIAIS DE ALFOZ

04/Abril/2018

O vindeiro sábado 28 a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz celebrarase os xogos populares. 

As parroquias estarán representadas por equipos mixtos cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 10 e unha parella formada por un neno e unha nena de ata 12 anos de idade repartíndose en catro xogos diferentes.
 - BRILÉ.
 Cada parroquia escollerá dentro dos seus compoñentes a un equipo mixto de 5 persoas. Seguiranse as regras do xogo do brilé.  
- CARREIRA DE CARRETILLAS.
 Cada parroquia escollerá dentro do seu equipo unha parella mixta. Deberán levar unha carretilla entre os dous participantes, sobre a que se depositará unha paca de palla. Percorrerán un circuíto con obstáculos, gañando o que consiga facer o percorrido en menos tempo. Se durante o traxecto lles cae a paca da carretilla deberán volver a empezar o percorrido desde a liña de saída.
- RECOLLIDA DE CAROCAS.
 Cada parroquia estará representada por unha parella formada por un neno e unha nena de ata 12 anos de idade. Realizarase unha carreira de relevos na que os participantes deberán recoller, de unha en unha, o maior número de carocas posible, que estarán colocadas nunha ringleira, depositándoas dentro dun cesto. O relevo realizarase cando un participante deposite a caroca no cesto, nese momento sairá o outro participante para continuar a recollida.
 - LANZAMENTO DE PACAS DE PALLA.
 Cada un dos equipos escollerá a catro representante para esta proba, dous homes e dúas mulleres. Cada representante lanzará unha paca de palla o máis lonxe posible. Os lanzamentos realizaranse desde a liña de medio do campo e as distancias mediranse en perpendicular a dita liña.  
- PROBA DE DESEMPATE.  
No caso de que exista un empate entre parroquias en algún dos postos da clasificación xeral, farase unha proba de desempate consistente no TIRO Á CORDA. 
.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO