Concello de Alfoz
CONCERTO DE SAXOFON NO CASTELO DO CASTRODOURO

CONCERTO DE SAXOFON NO CASTELO DO CASTRODOURO

15/Xullo/2018
O domingo 15 de Xullo de 2018, as 12 horas no Castelo do Castrodouro, poderán disfrutar dun concerto de saxofón a cargo do director artístico e musical Juan Clemente Novo, profesor de saxofón do Conservatorio Profesional de Música Rodolfo Halffter de Móstoles (Madrid) e Profesor de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Castilla y León. 
Trátase dun concerto no que van a intervir alumnos de saxofón de Ensinanzas Profesionais e Ensinanzas Superiores, un profesor de piano acompañante e a colaboración dunha actriz-narradora.
Con este concerto preténdese achegar a música ao público a través da palabra, a imaxen, a emoción, e sobre todo a música.
 Esto vaise levar a cabo a través de un repertorio musical elexido dentro dun panorama de diferentes épocas e estilos musicais mais representativos no mundo do saxofón. 


 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO