Concello de Alfoz
XX MERCADO MEDIEVAL

XX MERCADO MEDIEVAL

10/Xullo/2018

O vindeiro venres 20 e o sábado 21 de xullo Alfoz volve ao medievo para revivir a historia e a lenda do Mariscal Pardo de Cela. O escritor e xornalista Miqui Otero, nacido en Barcelona pero con raíces en Alfoz, será o encargado de ler o pregón na XX edición do Mercado Medieval de Alfoz no patio de armas do Castelo do Castrodouro o sábado ás 12 da maña.

O programa de actos da comezo o venres as nove e media da noite cun desfile de traxes medievais a cargo de O Nabiño e, deseguido, espectáculo de danzas medievais a cargo de Marco Uría. A xornada do venres remata cunha queimada amenizada polo grupo Illa Pancha.

A xornada do sábado da comezo ás 9.15 da maña coa ruta de senderismo As Fortalezas do Mariscal, a cargo do Freixo dos Lobos. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 657 849 200.

Durante o resto da xornada Alfoz regresa ao século XV para ofrecer diversas actividades a pequenos e maiores, como a imposición das Medallas aos Escudeiros do Castro, exhibición de aves de cetrería, representacións teatrais, xogos ecuestres, exhibicións de oficios tradicionais ou revolta irmandiña infantil.

A xornada rematará coa gran cea medieval acompañada de espectáculo de malabares con lume a cargo de Asocirco e a escenificación “Credo, credo, credo”.

XX MERCADO MEDIEVAL
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO