Concello de Alfoz
III MARATÓN DE PINTURA AO AIRE LIBRE

III MARATÓN DE PINTURA AO AIRE LIBRE

20/Xullo/2018
O domingo 12 de agosto, celébrase a terceira edición do Maratón de Pintura ao aire libre do concello de Alfoz.
Poden participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra senior.
A temática será referida ao concello de Alfoz. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, e os participantes deberán aportar o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.
 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO