Concello de Alfoz
TALLERES DE BATEO DE OURO

TALLERES DE BATEO DE OURO

06/Agosto/2018

Fronte á idea estendida de que a nosa comarca se mantivo á marxe da explotación aurífera que ao longo da historia galega protagonizaron os habitantes dos castros e, sobre todo, a colonización romana nos primeiros séculos da nosa era, sabemos hoxe da existencia dunha importante minería e industria aurífera nos tempos antigos, da que dan mostra os importantes restos da ourivaría castrexa e as minas romanas descubertas e recoñecidas nos últimos tempos, particularmente na Mariña Central e Oriental. Coa finalidade de divulgar esta idea, a Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio en colaboración co Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de bateo de ouro, dirixido polo xeólogo Francisco Canosa, recoñecido divulgador da xeoloxía galega.


DATAS: dúas xornadas:
día 6 de agosto de 10 a 13 h
1ª quenda de 10 a 11 h
2ª quenda de 11 a 12 h
3ª quenda de 12 a 13 h
día 14 de agosto de 16 a 19 h,
1ª quenda de 16 a 17 h
2ª quenda de 17 a 18 h
3ª quenda de 18 a 19 h
 
PREZO: aínda que contamos coa colaboración do Concello haberá outros gastos de organización, polo que parte da actividade ten que ser autofinanciada:
 
SOCIOS 2€
NON SOCIOS 5€
 
LUGAR: Río Ouro, ao seu paso polo concello de Alfoz, en lugar que se comunicará aos participantes anotados con suficiente antelación, así como a quenda asignada
 
INSCRICIÓN: Enviar correo a mr.patrimonio@gmail.com indicando a data e quenda de preferencia, que se respetarán ata o límite de prazas por quenda
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO